terça-feira, 17 de março de 2020

TAREFAS de INGLÉS PARA 1º e 2º (PRIMEIRA SEMANA)


Estimados/as pais e nais de 1º e 2º de Ed. Primaria,

Nestes días de aillamento polo COVID-19 imos procurar traballar na medida do posíbel dende as nosas casas.

Compre lembrar que estamos nun período de adaptación tanto para fillas e fillos como para os seus proxenitores e moitas veces traballar e/ou teletraballar dende a casa e monitorizar o traballo dos fillos/as máis xunto ás tarefas diarias resulta algo complexo para todos/as. Por iso é importante lembrarmos e sermos conscientes do cambio drástico para eles e elas na maneira de aprender e das limitacións pedagóxicas e metodolóxicas de aprendizaxe nesta situación. Aínda así o obxectivo agora e desenvolver a súa autonomía o máximo posíbel... máis tamén sermos xenerosos/as en axudalas/os.
Con todo... esta pode ser unha grande oportunidade para pór en práctica o voso inglés. Non teñades medo de falalo con elas/es (mesmo se pensades que non tendes un bo nivel) porque a vosa actitude perante o inglés vai condicionar en moito a súa atitude perante a aprendizaxe do inglés e das linguas estranxeiras en xeral.

Pendentes de canto pode chegar a durar este confinamento, vou achegarvos unha serie de actividades que servirán para repasar e ampliar o que demos na aula durante estes meses de curso. Irei pouco a pouco implementando actividades online.

Para a primeira semana imos a facer estas actividades que seleccionei divididas en dúas sesións que se farán durante dous días desta semana, preferibelmente non seguidos. 

As terefas se auto corrixen e consegues nota do 0 ao 10 e son as seguintes:

1º sesión: PRIMEIRO de PRIMARIA: Páxinas 1 á 4 e escoitar e cantar as cancións penduradas no blog para 1º (as que máis lles gusten).

2º sesión: PRIMEIRO de PRIMARIA: Páxinas 5 á 8 e xogar aos xogos de Rooftops (a editorial dos libros de texto) que están na barra da esquerda.

1º sesión: SEGUNDO de PRIMARIA: Páxinas  8 á 11 e escoitar e cantar as cancións penduradas no blog para 2º (as que máis lles gusten).

2º sesión: SEGUNDO de PRIMARIA: Páxinas 12 á 15 e xogar aos xogos de Rooftops (a editorial dos libros de texto) que están na barra da esquerda.

Para isto habilitei un contrasinal xenérico para 1º de Primaria e outro, tamén xenérico, para 2º de Primaria:

1º Nome de usuario: ProbaLois1                       Contrasinal: ProbaLois1

2º Nome de usuario: ProbaLois2                       Contrasinal: ProbaLois2

(Para evitar usar información persoal en páxinas alleas ao centro empregaremos estes contrasinais de uso común, por outra banda o traballo dende a casa non é por lei de carácter avaliábel)

Para acceder ás actividades facede click en:

https://es.liveworksheets.com/myworkbooks/workbook.asp?id=42065


Lembrade que xogar a xogos en inglés ou ver debuxos en inglés tamén conta como "traballo", neste blog atoparedes moitos vídeos (na barra da dereita na parte de arriba) e moitos xogos e actividades na aula virtual do CEIP de ARZÚA .

Saúdos! See you soon back at the school!!

(Para calquera dúbida podedes deixar un comentario  e así pode lela alguén que teña a mesma)
                               





Sem comentários: