terça-feira, 17 de março de 2020
TAREFAS de INGLÉS PARA 1º e 2º (PRIMEIRA SEMANA)
Estimados/as pais e nais de 1º e 2º de Ed. Primaria,
Nestes días de aillamento polo COVID-19 imos procurar traballar na medida do posíbel dende as nosas casas.
Compre lembrar que estamos nun período de adaptación tanto para fillas e fillos como para os seus proxenitores e moitas veces traballar e/ou teletraballar dende a casa e monitorizar o traballo dos fillos/as máis xunto ás tarefas diarias resulta algo complexo para todos/as. Por iso é importante lembrarmos e sermos conscientes do cambio drástico para eles e elas na maneira de aprender e das limitacións pedagóxicas e metodolóxicas de aprendizaxe nesta situación. Aínda así o obxectivo agora e desenvolver a súa autonomía o máximo posíbel... máis tamén sermos xenerosos/as en axudalas/os.
Con todo... esta pode ser unha grande oportunidade para pór en práctica o voso inglés. Non teñades medo de falalo con elas/es (mesmo se pensades que non tendes un bo nivel) porque a vosa actitude perante o inglés vai condicionar en moito a súa atitude perante a aprendizaxe do inglés e das linguas estranxeiras en xeral.
Pendentes de canto pode chegar a durar este confinamento, vou achegarvos unha serie de actividades que servirán para repasar e ampliar o que demos na aula durante estes meses de curso. Irei pouco a pouco implementando actividades online.
Para a primeira semana imos a facer estas actividades que seleccionei divididas en dúas sesións que se farán durante dous días desta semana, preferibelmente non seguidos.
As terefas se auto corrixen e consegues nota do 0 ao 10 e son as seguintes:
1º sesión: PRIMEIRO de PRIMARIA: Páxinas 1 á 4 e escoitar e cantar as cancións penduradas no blog para 1º (as que máis lles gusten).
2º sesión: PRIMEIRO de PRIMARIA: Páxinas 5 á 8 e xogar aos xogos de Rooftops (a editorial dos libros de texto) que están na barra da esquerda.
1º sesión: SEGUNDO de PRIMARIA: Páxinas 8 á 11 e escoitar e cantar as cancións penduradas no blog para 2º (as que máis lles gusten).
2º sesión: SEGUNDO de PRIMARIA: Páxinas 12 á 15 e xogar aos xogos de Rooftops (a editorial dos libros de texto) que están na barra da esquerda.
Para isto habilitei un contrasinal xenérico para 1º de Primaria e outro, tamén xenérico, para 2º de Primaria:
1º Nome de usuario: ProbaLois1 Contrasinal: ProbaLois1
2º Nome de usuario: ProbaLois2 Contrasinal: ProbaLois2
(Para evitar usar información persoal en páxinas alleas ao centro empregaremos estes contrasinais de uso común, por outra banda o traballo dende a casa non é por lei de carácter avaliábel)
Para acceder ás actividades facede click en:
https://es.liveworksheets.com/myworkbooks/workbook.asp?id=42065
Lembrade que xogar a xogos en inglés ou ver debuxos en inglés tamén conta como "traballo", neste blog atoparedes moitos vídeos (na barra da dereita na parte de arriba) e moitos xogos e actividades na aula virtual do CEIP de ARZÚA .
Saúdos! See you soon back at the school!!
(Para calquera dúbida podedes deixar un comentario e así pode lela alguén que teña a mesma)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário