quarta-feira, 18 de janeiro de 2017

Back to your childhood! (volvendo á túa infancia!)

Seguro que mirabas Peppa Pig en castelán non vai tantos anos. Pode que os teus pais che puxeran estes debuxos animados en inglés até que un día cansaron de escoitarte dicir: "POMOS EN CASTELÁN POR FAVOOOOR!!!".

Pois agora tes a oportunidade de demostrarte a ti mesmo e aos teus pais que esa nena/o pequeno xa aprendeu moito inglés dende que deixou Educación Infantil. Ponte a proba a ti mesma/o e verás que podes entender moito máis inglés do que pensas. E non pensedes antes de velo: "Bah! Peppa Pig está tirado de entender, total é para pequenos...". Pois moito do inglés que empregan é do que demos neste curso. Por iso vos quero propoñer un DESAFÍO:
 
      1. Escoita ben e procura atopar cousas que aprendimos durante este curso, palabras, verbos en   presente/pasado, estructuras/frases, etc. Unha pista: cara o final do capítulo aparece algo imos dar na únidade 3.

      2. Apunta no teu caderno todo o que atopes.

      3. Pon en común na aula e cóntanos se che foi difícil ou fácil comprender o capítulo e por que.

Fai click neste vídeo e xa nos contaras...:



Sem comentários: