Hi girls and boys!
Que tal vos vai? Supoño que xa listos para pór o swimsuit (o bañador).
Xa estamos case aí para rematar. Déixovos tres opcións de tarefas a desenvolver durante as seguintes dúas semanas. Cada quen pode facer unha, duas ou as tres:
- Collede unha imaxe desta desescalada (dende o comezo da cuarentena até estes días) e describídea dicindo o que aprendestes, o que podedes facer despois desta etapa ou algo divertido que vos pasou en inglés. Por exemplo:
- Eu podo cociñar un biscoito agora (I can cook a cake now)
- Eu podo facer debuxos fantásticos (I can draw fantastic drawings)
- Eu teño unha nova mascota (I've got a new pet)
- Eu teño o pelo máis longo/curto (I've got longer / shorter hair)
- Eu son máis alta/o que antes (I'm taller than before)
- Eu o paso xenial coa miña familia/ irmá/irmán/ pai/nai... (I have fun with my family/sister/brother,dad/mum...))
- Eu aprendín a gabears nas árbores (I learned to climb trees)
- Eu aprendín a xogar a moitos xogos de mesa (I learned how to play lots of boardgames)
Existen miles de ideas, procurade/facede a vosa imaxe, debuxo ou vídeo e mandádea ao meu email (joseloisvace@gmail.com)
2. Facer no Live Worksheets as páxinas 3, 4 e 5 para 1º de Primaria. Para as nenas e nenos de 2º que se animen poden facer da páxina 3 até a páxina 8. Lembrade que o usuario e contrasinal era o voso nome pegado á palabra hello (sen tildes nen maiúsculas), por exemplo: helloanton.
3. Facer as catro primeiras fichas das tarefas de reforzo durante estas dúas semanas.
Preme no link para ver as de 1º:1-primaria-1INGLES.pdf
Preme no link para ver as de 2º:2 primaria 2 INGLES
Sem comentários:
Enviar um comentário