sexta-feira, 28 de janeiro de 2022

2ºA e 2ºB (confinad@s)

Hi guys!

Que tal vai todo? Agardo que nos podamos ver pronto😀👀

Hoxe, non imos empregar o libro. Prefiro que vaiades traballando visualmente e oralmente estes conceptos que imos dar nesta unidade.

Para os/as que teñan algunha dúbida de como facer isto todo...:

Teño que facelo todo tal e como ven explicado no blog?

Non, non é preciso. A posibilidade de facer actividades online, ver vídeos, facer libro, etc. depende en moito nestas idades da presenza dun adulto e en consecuencia da dispoñibilidade de tempo e recursos de pais/nais.

Dentro do posíbel recoméndase que dúas veces á semana traballen algo na materia. Cada pai ou nai pode, ou ben recuncar máis na parte vídeo-internet, ou traballar só co libro dependendo do contexto, tempo, conexión á rede, coñecementos que poda ter de inglés, etc.

Que podo facer como pai ou nai para acompañar ao meu fillo/a neste proceso? Pois é ben sinxelo:

    - Primeiro, axudar ao meu fillo/filla a navegar na páxina web/blog de inglés.

    - Segundo, se podedes: ver, cantar e aprender con eles/as. O feito de facelo xuntos (se é posíbel) reforzará enormemente o proceso de aprendizaxe. Dá o mesmo se non o pronunciades ben, se non o entendedes de todo, a vosa filla/o vos axudará, mesmo vos corrixirá e se sentiran protagonistas. Isto fará que se motiven máis e que se volvan protagonistas do proceso ademais de crear un vencello co seu pai ou nai e, en consecuencia, aprenderán mellor.

    - Terceiro: facer un seguimento do seu traballo no libro cando sexa preciso. O importante aquí é  que o fagan, máis que que esté ben ou mal. 

Calquera coñecemento que teñades de inglés axuda aínda que pensedes que non, e senón xa se encarregarán eles/as de correxirvos 😄.


Imos aló! 

1. Comezamos cun par de vídeos sobre o abecedario e repasamos o dos meses do ano. 





Imos ver e cantar unha canción. IMPORTANTE: revisar o concepto de "Can" (poder) e a pregunta "Can you see a...?" (podes ver un...). Imos comezar por facer esta actividade sobre un vídeo que xa coñecen ben:

Can or cant?, an interactive worksheet by ValentinaLW
liveworksheets.com

Agora imos escoitar a canción da unidade e facer as seguintes ficha interactiva:

Sem comentários: