sexta-feira, 21 de janeiro de 2022

English Class 2ºA/2ºB (confinadas/os)

 Hello, how are you today?

Agardo que esteades todas e todos ben, papás e mamás, nenas e nenos. Lembrade que a saúde é sempre  o primeiro e que dende a escola entendemos a complexidade desta situación. 

Esta semana vos deixo algún vídeo para ver, cantar, bailar e algunha tarefa moi sinxelas do libro para aquelas nenas e nenos que poidan facelo. 

Para os/as que teñan algunha dúbida de como facer isto todo...:

Teño que facelo todo tal e como ven explicado no blog?

Non, non é preciso. A posibilidade de facer actividades online, ver vídeos, facer libro, etc. depende en moito nestas idades da presenza dun adulto e en consecuencia da dispoñibilidade de tempo e recursos de pais/nais.

Dentro do posíbel recoméndase que dúas veces á semana traballen algo na materia. Cada pai ou nai pode, ou ben recuncar máis na parte vídeo-internet, ou traballar só co libro dependendo do contexto, tempo, conexión á rede, coñecementos que poda ter de inglés, etc.

Que podo facer como pai ou nai para acompañar ao meu fillo/a neste proceso? Pois é ben sinxelo:

    - Primeiro, axudar ao meu fillo/filla a navegar na páxina web/blog de inglés.

    - Segundo, se podedes: ver, cantar e aprender con eles/as. O feito de facelo xuntos (se é posíbel) reforzará enormemente o proceso de aprendizaxe. Dá o mesmo se non o pronunciades ben, se non o entendedes de todo, a vosa filla/o vos axudará, mesmo vos corrixirá e se sentiran protagonistas. Isto fará que se motiven máis e que se volvan protagonistas do proceso ademais de crear un vencello co seu pai ou nai e, en consecuencia, aprenderán mellor.

    - Terceiro: facer un seguimento do seu traballo no libro cando sexa preciso. O importante aquí é  que o fagan, máis que que esté ben ou mal. 

Calquera coñecemento que teñades de inglés axuda aínda que pensedes que non, e senón xa se encarregarán eles/as de correxirvos 😄.

Imos aló! 

Pode que algún neno ou nena xa teña está páxina feita no libro, de ser así xenial, tan só teñen que mirar os vídeos, cantar ou bailar ou facer algunha das actividades interactivas:

1. Comezamos cun par de vídeos sobre as emocións e o tempo. Podedes preguntarlles logo "How are you today?" e "What's the weather like?"






2. Antes de pasar ao libro imos repasar as hitorias da unidade 1 e 2 e facer estas actividades interactivas para practicar (algunhas se autocorrixen no botón:"Check my answers") non fai falla envialas:
 
                                        VÍDEO de repaso UNIDADE 1:
 
                                        VÍDEO de repaso UNIDADE 2:

 
 Ficha interactiva autocorrexíbel (preme en check my answer)

Agora imos practicar con este vídeo interactivo, podes ver a túa puntuación no recando arriba á dereita:

 
3. Imos co noso libro ás páxinas 24 e 25. Na escola comezamos pola 25 que era un chisco máis complexa e deixamos a máis doada para o final! Pode que algún nena ou neno non teña rematada a páxina 25... de ser así hai que rematala.
Na páxina 24 temos que FIND and CIRCLE (atopar e arrodear), para iso antes teñen que ler en inglés as descripcións das imaxes a buscar.

Sem comentários: