quinta-feira, 26 de março de 2020

Recursos Ed. Infantil: APPS, XOGOS en liña, VÍDEOS e CONTOS en inglés.

Bo día papás e nais e todas e todos os pequech@s de Educación Infantil, hoxe vos escribo para recomendarvos unha serie de xogos para descarregar nas tablets e aprender un pouco de inglés:

APPS de inglés:
Existen centos de xogos que podedes descarregar, estes tan só son un par de exemplos. O máis importante en canto a estes xogos é mirar a idade á que se dirixen. En infantil terá que ser sempre de 5 anos ou menos. Por favor, se tendes suxerencia de algunha outra app, deixade constancia nos comentarios.

XOGOS en liña:

Se non queredes descarregar ningunha app, podedes xogar nestes xogos que poño as veces na pizarra dixital da aula e que os nen@s han recoñecer (abrir mellor en navegador CHROME e permitir activar flash player):
  • Snail and Butterfly (xogos ben estruturados por temas e ben doados para o alumnado de 4 a 5 anos, muy intuitivos, algún dos de 3 precisará un pouco de axuda)
  • Cheeky Monkey (tamén traballa por temas: familia, animais, etc. semellante ao anterior e fácil de usar para o alumnado)
WEBS de CANCIÓNS e VÍDEOS:
  • Super Simple Songs (de 3 a 5 anos ou máis): Deixade ás nen@s escoller aquelas cancións das que máis gosten... elas soas e sós vanno pasar ven cantando e vendo os seus víedeos favoritos. Moitos deles vanlles sonar das nosas aulas.
  • Wattsenglish (válido para 3 anos, mellor para 4/5 anos ou máis): Moitos vídeos que atoparedes na rede están feitos para... anglófonos. Nesta páxina atoparedes videos e actividades para ESTUDANTES NON NATIVOS, adaptados á alumnado que non vive nun contexto anglófono.
  • Dream English Kids - YouTube (mellor 3/4, válido para 5 anos): Semellante ao anterior pero conceitos máis básicos, algúns vídeos de rutinas tíroos de aquí.
  • See It, Say It, Sign It | Letter Sounds | ASL Alphabet - YouTube (traballeina con 5 anos, 1º e 2º)

  • Cbeebies (válido para 3, mellor para 4/5 anos): Páxina da BBC para as crianzas, ten un pouco de todo, pero eu me centraría nos SHOWS e GAMES, teñen boa calidade e son atractivo para os nenos, algúns xogos mesturan historias e xogo.

Recoméndovos ao alumnado de 4 e 5 anos adicarlle uns 15 min ou media hora ao día de dúas a catro veces á semana para que: miren, xoguen, canten ou escoiten algo en inglés con estes recursos ou calquera outro que pode que vós atopáredes máis axeitados. Sen agobios, é importante dosificar, cada casa ten as súas circunstancias e tempos, se non lle gusta unha actividade procurade outra, se nese día non quere, pois outro día; se queren estar máis de media hora con inglés pois que desfruten...
En infantil as especifidades de cada nena ou neno se acentúan e os gostos de aquilo que lles pode enganchar ao inglés son moi diversos.

Saúdos a todas e todos os meus pequech@s!

Lois


3 comentários:

VANE disse...

GRACIAS LOIS!!!

Lois disse...

Grazas a vós e con pacienciña que estas nenas e nenos o merecen todo!

Unknown disse...

Moitas grazas Lois!