Déixovos aqui SUXERENCIAS de apps e sitios web actualizada con novas e previas propostas que estiven a descarregar e testaer estes días e que mellor se adaptarían a esta situación tan especial. Volvo lembrar que:
- Uns 15 a 20 minútos mínimo de 3 ao 4 días á semana venlles xenial aos nen@s, pode ser:
- APPS adaptadas á súa idade (recomendadas aquí ou que atopades vós e que dan resultados).
- Programas de televisión ou vídeos de youtube ( Os Bolechas one2three, Clan, etc)
- Páxinas web interactivas(recomendadas aquí ou que atopades vós e que vos dan resultado).
Dito isto, vela aquí as miñas suxerencias:
APPS gratuítas:
- Timmy's First Words in English (válido até 5 anos)
- Timmy's new skills ( válido até 5 anos)
- Tinny's starting to read (mellor de 4 a 5 anos)
XOGOS en liña:
Se non queredes descarregar ningunha app, podedes xogar nestes xogos que poño as veces na pizarra dixital da aula e que os nen@s han recoñecer (abrir mellor en navegador CHROME e permitir activar flash player):
- Snail and Butterfly (xogos ben estruturados por temas e ben doados para o alumnado de 4 a 5 anos, muy intuitivos, algún dos de 3 precisará un pouco de axuda)
- Cheeky Monkey (tamén traballa por temas: familia, animais, etc. semellante ao anterior e fácil de usar para o alumnado)
- Super Simple Songs (de 3 a 5 anos ou máis): Deixade ás nen@s escoller aquelas cancións das que máis gosten... elas soas e sós vanno pasar ven cantando e vendo os seus víedeos favoritos. Moitos deles vanlles sonar das nosas aulas.
- Wattsenglish (válido para 3 anos, mellor para 4/5 anos ou máis): Moitos vídeos que atoparedes na rede están feitos para... anglófonos. Nesta páxina atoparedes videos e actividades para ESTUDANTES NON NATIVOS, adaptados á alumnado que non vive nun contexto anglófono.
- Dream English Kids - YouTube (mellor 3/4, válido para 5 anos): Semellante ao anterior pero conceitos máis básicos, algúns vídeos de rutinas tíroos de aquí.
- Os bolechas one2trhee(Vídeos para aprender inglés cos BOLECHAS, válido para 3, 4 e 5 anos)
See It, Say It, Sign It | Letter Sounds | ASL Alphabet - YouTube (traballeina con 5 anos, 1º e 2º)
Cbeebies (válido para 3, mellor para 4/5 anos): Páxina da BBC para as crianzas, ten un pouco de todo, pero eu me centraría nos SHOWS e GAMES, teñen boa calidade e son atractivo para os nenos, algúns xogos mesturan historias e xogo.
Lémbrovos que temos que facer isto todo sen agobios, cada casa ten as súas circunstancias e tempos, se non lle gusta unha actividade probade outras das que vos propoño, se nese día non quere, pois outro día; se queren estar máis de media hora con inglés pois que desfruten...
En infantil as especifidades de cada nena ou neno se acentúan e os gostos de aquilo que lles pode enganchar ao inglés son moi diversos.
En infantil as especifidades de cada nena ou neno se acentúan e os gostos de aquilo que lles pode enganchar ao inglés son moi diversos.
Saúdos a todas e todos os meus pequech@s!
Lois
Sem comentários:
Enviar um comentário