HI!
Que tal ides todas e todos pola casiña? Agardo que ben, imos comezar esta "volta" das vacacións da Semana Santa repasando os PRONOUNS, o que empregamos para falar de alguén ou algo sen dicir o seu nome (she/ela, you/ti, we/nos...). Aqui vos deixo un vídeo para repasalos e dúas tarefas para faceres en liña:
Para os nenos e nenas de 2º temos:
Primeira tarefa da semana:
- Mira o vídeo: I, YOU, SHE, HE, IT, WE, THEY (personal pronouns)
- Fai esta tarefa: Activities 1 (non fai falla meter o usuario, pódese facer en aberto e ver o resultado tamén)
Segunda tarefa da semana:
- Cazando pronomes: Cóntalle ao teu pai, nai ou irmá/irmán como se di en inglés os pronomes: eu, ti, el, ela, etc. e saíde de caza. Escoitar esta canción está chea de pronomes, non se trata de entendela toda... só de escoitar atentamente e "cazar pronomes" (repasa os pronomes vendo o video I, YOU, SHE, HE, IT, WE, THEY (personal pronouns)).
(Truco: pedídelle a un adulto que vos active os subtitulos... pero en inglés)
- Fai esta a tarefa: Activities 2 (actividades 3, 4 e 7, os que querades facer as demais xenial!)
(Non fai falla meter o usuario, pódese facer en aberto e ver o resultado tamén)
Para os nenos e nenas de 1º imos revisar o tempo e os xoguetes:
Primeira tarefa da semana:
- Mirade este vídeo: What's the weather?
Cóntalle ao teu pai ou nai cal é tempo en inglés.
- Imos repasar the TOYS (os xoguetes). Facede click coa axuda dun adulto en: xogos e premede no balón de praia que aparece enriba do caracol.
Segunda tarefa da semana:
- Mirade este vídeo: TOYS
- Imos repasar the TOYS (os xoguetes). Facede click coa axuda dun adulto en: xogos e premede no osiño de perruche que aparece enriba da bolboreta..
- Escollede 4 xoguetes que sepades o nome en inglés, que papá, mamá ou calquera familiar os agoche na casa. Tendes que atopalos e cando os atopedes dicir como no vídeo: It's a ball, it's a car, etc. De non dicilo hai que voltar agochalos. Boa sorte!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário