segunda-feira, 23 de março de 2020

ACLARACIÓNS e tarefas para 1º e 2º de Ed. Primaria, SEMANA do 23 ao 27 de marzo

Antes de nada, quixera aclarar que:

   - TAREFAS A MODIÑO: A prioridade nestes días de cuarentena para o alumnado é manterse san  non só físicamente, senón que tamén psicoloxicamente. Por isto é preciso tomar estas tarefas con calma e facelas pouco a pouco sen estrés ou até onde poda e dea cada rapaz ou rapariga dentro desta situación escepcional.

   - IMPRESORAS NON: As terefas fanse no computador, NON PRECISAN ser IMPRESAS. Son fichas interactivas, algunhas con audios, videos, etc. Pode que as nenas/os precisen a vosa axuda nun principio pero así que se acostumen non terán problema ningún.

   - CONTRASINAIS e PROBLEMAS na WEB: O de empregar un usuario/contrasinal xenérico estivo a dar problemas na páxina. Xacreei un contrasinal e usuario para cada alumno/a de 1º e 2º:
  • Usuario: nome do neno/a+hello (exemplo: loishello)
  • Contrasinal: igual ao usuario.
Lembrede que os contrasinais e usuarios van: en minúscula e sen tildes e tendes que entrar primendo na lapela de Acceso alumnos


Estas son as tarefas para esta semana. Lembrade que se autocorrixen e podedes tentalo  varias veces ate conseguir o 10:

PRIMEIRO de PRIMARIA1º sesión:  

    - Escoitar e cantar as seguintes canción e vídeo: Let's count from 1 to 20 e Schools materials
            
    -Páxinas 9 á 11 do caderno Basics in English 1

PRIMEIRO de PRIMARIA2º sesión: 

    Escoitar e cantar as seguintes canción e vídeo: Let's count from 1 to 20 e Schools materials

    - Páxinas 14 e 15 do caderno Basics in English 1


SEGUNDO de PRIMARIA1º sesión: 

     - Escoitar e cantar as seguintes canción e vídeo: Let's count from 1 to 20 e How many...? (cantos...?)
   
    - Páxina 13 do caderno Basics in English 1

SEGUNDO de PRIMARIA2º sesión: 

    - Ver este vídeo: Greetings (saúdos)

    - Páxinas 14, 15 e 17 do caderno Basics in English 1


Lembrade que xogar a xogos en inglés ou ver debuxos en inglés tamén conta como "traballo", neste blog atoparedes moitos vídeos (na barra da dereita na parte de arriba) e moitos xogos e actividades na aula virtual do CEIP de ARZÚA .

Saúdos! See you soon back at the school!!

(Para calquera dúbida podedes deixar un comentario  e así pode lela alguén que teña a mesma)
                               


5 comentários:

Unknown disse...

Eu non son capaz de entrar como alumno, poño todo en minusculas e sen til e non me deixa. Probo ainoahello e nada, probo coa h, ainhoahello e tampouco, sera porqe e a traves do mobil?

Lois disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Lois disse...

Bo día! Falei coa Rosa para solucionar o problema. Modifiquei o contrasinal e usuario (ainhoa2hello) e tanto o novo como o vello íanme no meu móbil e pc. En último caso podes empregar o contrasinal e usuario xenérico: ProbaLois2. Saúdos e unha aperta forte para a Ainhoa! Lois

Camino (Xoel 1EP) disse...

Lo siento Lois, nosotros tendríamos que hacerlo desde el móvil, y es bastante difícil así..Asiq lo que puedo se lo copio en papel y si no algun vídeo. Un saludo

Lois disse...

Ola!

Non che preocupes, que vaia vendo os vídeos que puxen.Tamén podedes descarregar ou xogar en liña a algún dos xogos que puxen neste link:

http://5fivecorners.blogspot.com/search/label/Infantil

Lembrade que en Ed. Primaria e sobre todo nos primerios cursos o obxectivo principal é a comprensión e producción oral. Esta segunda parte é difícil de acadar nestas condicións... así que animádeo a que vos diga o que aprendeu, collede 10 minutiños para que vos expoña o que veu, xogou ou escoitou e se sabedas algo de inglés poñédeo en practica con el.

Estou á procura de novas solucións para esta situación tan complexa.

Saúdos a toda a familia e en especial a Xoel!!!