Hello, how are you today?
Agardo que esteades todas e todos ben, papás e mamás, nenas e nenos. Lembrade que a saúde é sempre o primeiro e que dende a escola entendemos a complexidade desta situación.
Esta semana vos deixo algún vídeo para ver, cantar, bailar e algunha tarefa moi sinxelas do libro para aquelas nenas e nenos que poidan facelo.
Para os/as que teñan algunha dúbida de como facer isto todo...:
Teño que facelo todo tal e como ven explicado no blog?
Non, non é preciso. A posibilidade de facer actividades online, ver vídeos, facer libro, etc. depende en moito nestas idades da presenza dun adulto e en consecuencia da dispoñibilidade de tempo e recursos de pais/nais.
Dentro do posíbel recoméndase que dúas veces á semana traballen algo na materia. Cada pai ou nai pode, ou ben recuncar máis na parte vídeo-internet, ou traballar só co libro dependendo do contexto, tempo, conexión á rede, coñecementos que poda ter de inglés, etc.
Que podo facer como pai ou nai para acompañar ao meu fillo/a neste proceso? Pois é ben sinxelo:
- Primeiro, axudar ao meu fillo/filla a navegar na páxina web/blog de inglés.
- Segundo, se podedes: ver, cantar e aprender con eles/as. O feito de facelo xuntos (se é posíbel) reforzará enormemente o proceso de aprendizaxe. Dá o mesmo se non o pronunciades ben, se non o entendedes de todo, a vosa filla/o vos axudará, mesmo vos corrixirá e se sentiran protagonistas. Isto fará que se motiven máis e que se volvan protagonistas do proceso ademais de crear un vencello co seu pai ou nai e, en consecuencia, aprenderán mellor.
- Terceiro: facer un seguimento do seu traballo no libro cando sexa preciso. O importante aquí é que o fagan, máis que que esté ben ou mal.
Calquera coñecemento que teñades de inglés axuda aínda que pensedes que non, e senón xa se encarregarán eles/as de correxirvos 😄.
Imos aló!
Pode que algún neno ou nena xa teña está páxina feita no libro, de ser así xenial, tan só teñen que mirar os vídeos, cantar ou bailar ou facer algunha das actividades interactivas:
1. Comezamos cun par de vídeos sobre as emocións e o tempo. Podedes preguntarlles logo "How are you today?" e "What's the weather like?"
liveworksheets.com
liveworksheets.com
1 comentário:
Muchas gracias por los recursos educativos por si le interesa le dejo mi página de recursos educativos
Enviar um comentário